O martes 2 de xullo iniciarase o período de apertura da piscina municipal de Barro para este verán 2024, segundo informa o Concello.
A partir deste mércores 26 de xuño, as persoas interesadas terán a oportunidade de retirar os bonos desconto nas oficinas municipais en horario de 09.00 a 14.00 horas.
O horario de apertura da piscina será de martes a domingo, con horario de tarde, de 15.00 a 21.00 horas. Os luns figuran como xornadas de descanso.
As tarifas establecidas son de dous euros ao día para público adulto.
Os menores de 18 anos deberán pagar un euro, agás aqueles menores de cinco anos que terán acceso gratis ás instalacións.
Os bonos ao 50% de desconto permiten un bono de 10 euros para adultos con dez entradas.
Mentres que para menores entre 5 e 17 anos poden obter un bono de cinco euros con dez entradas.