O malogrado regreso de Roca Rey á tempada taurina impide a súa participación este domingo en Pontevedra

Pontevedra
06 de agosto 2023

O sevillano Daniel Luque substitúe ao destro peruano para abrir a Feira taurina da Peregrina, acompañando a Sebastián Castella e Tomás Rufo

Daniel Luque
Daniel Luque

Cae do primeiro cartel da Feira taurina da Peregrina o triunfador da tempada, Roca Rey. O matador peruano reaparecía o pasado venres 4 na feira das Colombinas de Huelva tras un parón obrigado polo contratempo sufrido o 25 de xullo de Santander. Unha reaparición que concluíu con dúas cornadas.

A pesar de senllos incidentes Andrés Roca mantivo a súa participación ao día seguinte na praza de El Puerto. Foi nesta segunda cita onde volveu ser empitonado no segundo touro da tarde. Segundo o parte médico "cornada de 18 centímetros de lonxitude en terzo medio, cara interna de traxectoria ascendente subcutáneo. Contusiona múscula interno gemelar".

Con esta lesión Roca pechou a súa intervención na praza de El Puerto, conseguindo ademais dous apéndices, pero non foi posible manter a axenda prevista para completar esta malograda semana. 

Unha vez que se tivo coñecemento da situación, desde a praza de touros de Pontevedra comezáronse as xestións con diferentes matadores para substituír a Roca Rey e que finalmente deron como resultado o acordo con Daniel Luque, que está a manter unha reseñable e constante tempada. O destro sevillano atópase nun óptimo momento da súa carreira, conseguindo destacados triunfo en múltiples tardes nas que leva participado.