O mal tempo obriga a trasladar a Festa Pirata infantil ao Recinto Feiral

Pontevedra
04 de marzo 2019

A choiva e o forte vento que, segundo as previsións de Meteogalicia, azoutarán a cidade de Pontevedra este martes 5 de marzo obrigan a variar a programación o Entroido. A Festa Pirata infantil, que se ía a celebrar ás cinco da tarde na Praza da Ferrería, trasladarase ao Recinto Feiral

Festa pirata infantil
Festa pirata infantil / Mónica Patxot

A choiva e o forte vento que, segundo as previsións de Meteogalicia, azoutarán a cidade de Pontevedra este martes 5 de marzo obrigan a variar a programación o Entroido.

Segundo explicou o portavoz do goberno municipal, Raimundo González, a Festa Pirata infantil, que se ía a celebrar ás cinco da tarde na Praza da Ferrería, trasladarase ao Recinto Feiral.

Alí terá que compartir espazo coa montaxe do certame internacional da camelia pero, segundo González, poderase compaxinar ambas as iniciativas sen ningún problema.

Estas mesmas previsións meteorolóxicas indican que pola noite haberá unha melloría no tempo polo que, en principio, o Concello mantén a celebración da Noite Pirata, a partir das dez da noite.

A programación do Entroido tampouco sufrirá cambios este luns, polo que se mantén a presentación do Loro Ravachol para as 19.30 horas na Praza da Peregrina e a primeira eliminatoria do certame de murgas, que será ás 21.00 horas no Pazo da Cultura.

Arquivado en