As malas condicións meteorolóxicas que se esperan para este domingo 25 de febreiro levaron a que Cuntis decidise suspender definitivamente o seu desfile de Entroido.
O goberno municipal tomou esta determinación tras comprobar que as previsións non son nada halagüeñas, xa que unha nova borrasca entrará en Galicia este domingo.
O desfile xa fora aprazado para este 25 de febreiro, despois de que o mal tempo frustrara os plans iniciais, que fixaran este evento festivo para o domingo 11 de febreiro.
A celebración a próxima fin de semana da Festa do Lacón con Grelos impide que Cuntis poida postergar máis tempo este desfile de Entroido.
O Concello pide desculpas a todos os rexistrados, ao ser consciente de que esa suspensión pode provocar gastos innecesarios, especialmente nas once comparsas, algunhas delas con máis de 70 participantes, que se rexistraran para participar no desfile.
Ademais, anotáranse seis grupos, quince parellas e oito participantes individuais, que querían optar aos 3.000 euros en premios que tiña previsto repartir o Concello.