O lugar de Atalaia, en Viascón, loce novos accesos

Cerdedo-Cotobade
29 de xuño 2017

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de rematar as obras de pavimentación e ensanche no lugar de Atalaia, enmarcadas no Plan de Investimentos e de Mellora de Infraestruturas e que contou cun investimento de máis de 50.000 euros

Traballos de mellora nos accesos da Atalaia, en Viascón
Traballos de mellora nos accesos da Atalaia, en Viascón / Concello de Cerdedo-Cotobade

Os traballos para mellorar a pavimentación e ensanchar os accesos ao lugar de Atalaia, na parroquia cotobadesa de Viascón, finalizaron satisfactoriamente.

As obras, enmarcadas dentro do plan de investimentos e de mellora de infraestruturas, contou cun investimento de máis de 50.000 euros.

En concreto, os traballos consistieron na renovación do firme do principal acceso ao lugar, a reposición dun muro de contención para mellorar a seguridade e a dotación dun mellor acceso ao centro de turismo que se atopa na zona.

Ademais ensancháronse varios puntos para favorecer o tráfico simultáneo de coches en ambas as direccións.

O orzamento era inicialmente de 39.000 euros, pero ascendeu ata os 52.000 euros ao establecerse unha serie de melloras na contratación por valor de 13.000 euros.