Os voluntarios da asociación Vaipolorío non deixan de atopar lixo depositado de xeito incívico nas beiras do río Gafos. Pero, nas últimas campañas de limpeza están a detectar un cambio de tendencia.
Así, os refugallos electrónicos ou vinculados coas novas tecnoloxías están a gañar terreo con respecto ao lixo convencional.
Sexa como sexa, nin un nin outro debería ter no río Gafos o seu hábitat.
De aí que uns 27 voluntarios limparan este domingo o tramo urbano do río, a excepción do asentamiento situado na Ponte do Couto.
En total, nesta xornada de limpeza, na que participaron tamén membros da Fundación Juan XXIII, retiráronse 280 quilos de lixo da canle do río.