A Cea Baile de Gala da Peregrina 2022 volve o sábado 13 de agosto, tras dous anos de obrigada ausencia e faio con máis forza que nunca.
O Liceo Casino de Pontevedra, organizador do evento, comunicou que "nesta edición a Gala contará coa participación de 22 señoritas que se inscribiron para realizar a súa posta de longo, nunha cerimonia na que, como é habitual, estarán acompañadas dos seus respectivos padriños".
A directiva do Casino estima que á súa gran cita social do ano acudirán unhas 6.000 persoas, "será unha noite especial para todos", apuntan. "Será o reencontro de amigos e familiares; será volver vivir e sentir as máxicas sensacións que durante tantos anos vivimos nunha noite simbólica para a gran familia do Liceo".
De entre as novidades, tanto a cea de gala como todo o servizo de hostalería e restauración posterior ao longo de toda a velada será prestado pola firma Pepe Vieira, co chef Xosé Torres Cannas á fronte, que ostenta desde hai anos unha estrela Michelín.
O menú estará composto por bogavante nun escabeche aromático de espárrago branco, tomate seco e trazo cortado de oliva negra; pescada de Celeiro, meunière de alcaparróns e ensalada de espinaca tenra nun aderezo de aceite de noces; peza de tenreira melosa, ragout de cogomelos silvestres con crema agre e follas acedas; cremoso de queixo fresco, crumble de améndoa, mentas e frambuesas; cafés e petit fours. Cunha selección de viños: Rioxa Crianza, Albariño Rías Baixas e Espumoso.
Ademais a festa, que dará comezo ás 21:00 horas, dispoñerá dun maior número de ambientes musicais, ampliando a cinco o número de pistas de baile e buscando compracer a todos os estilos e idades con música en vivo Deep House, Pop Funky, a Orquestra Chattanooga e os Dj Jamar Audio, Alex Pita e Yago Rivas.