O Lago de Castiñeiras, repoboado con cen novas troitas criadas en Cerdedo-Cotobade

Marín
25 de setembro 2021

As novas troitas son de tipo salmo trutta e teñen máis de 2 anos de vida e un tamaño de entre 16 e 22 centímetros. O concelleiro de Marín Pablo Novas acompañou recentemente aos técnicos do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo-Cotobade para botar ao lago 100 exemplares de troitas

Troitas no Lago de Castiñeiras
Troitas no Lago de Castiñeiras / Concello de Marín

Cen novas troitas repoboan a fauna do Lago Castiñeiras. Trátase de exemplares que foron criados na piscifactoría do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo-Cotobade e forman parte da fauna autóctona do lago.

As novas troitas son de tipo salmo trutta e teñen máis de 2 anos de vida e un tamaño de entre 16 e 22 centímetros.

O concelleiro de Marín Pablo Novas acompañou recentemente aos técnicos do centro para botar ao lago 100 exemplares de troita.

O Concello de Marín lembra que o Lago Castiñeiras é un dos espazos naturais máis ricos da contorna e aproveitalo e coidalo é unha das prioridades do Goberno local.