María Ramallo, alcaldesa de Marín, e as concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña reuníanse este luns coa directora técnica do Instituto para a Calidade Turística Española, Maricruz Cádiz Gómez.
A intención do goberno local é lograr o distintivo Q de calidade turística para varias das propostas ambientais da vila como a Finca de Briz, o Lago Castiñeiras e as praias do municipio. O Concello amosou interese polo plan "Galicia apostando pola calidade", que xestiona a Xunta de Galicia coa intención de lograr a máxima satisfacción por parte do turismo que visita toda a contorna.
Desta forma búscase converter estas zonas de esparcimento e de lecer en "espacios públicos singulares", un distintivo complementario coa tramitación do Espazo Natural de Interese Local (ENIL), que se levou a cabo para Castiñeiras nin con outras distincións como as Bandeiras Azuis ou a ferramenta de xestión ambiental EMAS.
Agora o Instituo elaborará un informe no que recomendará ao Concello a relación dalgunhas accións para mellorar as instalacións, a xestión e os servizos que se ofrecen nestes espazos.