A volta ao traballo dos empregados públicos do edificio da Xunta en Campolongo estivo marcada polo peche do Laboratorio de Saúde Pública de Pontevedra.
A Xunta decidiu unificar en Lugo toda a actividade ata agora repartida por outras cidades. No caso de Pontevedra o acordo leva consigo a reordenación do equipo, coa supresión de cinco postos: dous titulados superiores de laboratorio, un auxiliar de laboratorio e outro sanitario, así como un responsable da área de microbioloxía.
Ademais, de "recodificar" tres prazas máis que pasan a outras dependencias de Sanidade en Pontevedra. Dous acoden á xefatura territorial e outro ao Servizo de Control de Riscos Ambientais.
O equipo, un total de 11 persoas, foi reasignado ao novo laboratorio de Lugo.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, referiuse a este peche no marco da "reestruturación da Consellería de Sanidade".
Rueda apuntou que esta medida estaba considerada "dentro do plan de racionalización que levamos facendo dende o ano 2009". E mesmo presumiu do alto cumprimento por parte da Xunta del Plan Estatal CORA, que busca a mellora de servizos ao mesmo custo.
"Estamos xa a un cumprimento do 93% iso non quere dicir que o cen por cen das medidas propostas polo Estado se teñan que cumprir, pero nós estamos a uns niveis altísismos", dixo.
TELETRABALLO
Alfonso Rueda tamén recordou que os empregados públicos da Xunta que así o demanden poderán acollerse dende este xoves ás fórmulas de flexibilidade horaria e de teletraballo que ata agora non estaban reguladas.
"ÿ unha aposta valente que demostra a confianza da Xunta nos seus empregados", dixo o vicepresidente galego "estou seguro de que vai funcionar ben e espero que repercuta nun mellor servizo", valorou.
A normativa establece tres tipos de horarios, un xeneral, un flexible por conciliación familiar e outro de flexibilidade automática.