O instituto Mestre Landín golpea o bullying

Marín
07 de abril 2017

Desde o pasado mes de febreiro o instituto Mestre Landín puxo en marcha un proxecto para que os seus alumnos de segundo da ESO  formen parte do equipo de alumnos mediadores de conflitos. O programa é unha parte do protocolo de actuación do Plan de Convivencia da Xunta de Galicia 

Alumnos do equipo mediador do IES Mestre Landín
Alumnos do equipo mediador do IES Mestre Landín / IES Mestre Landín

O bullying, abuso escolar ou simplemente conflitos entre escolares, son situacións que certos alumnos sofren no seu día a día e poden provocar consecuencias nefastas no seu estado anímico. Para previr e evitar este tipo de circunstancias, o IES Mestre Landín levou a cabo clases de formación sobre mediación, durante o pasado mes de febreiro, para os alumnos de segundo da ESO.

O proxecto de mediación do Mestre Landín forma parte do Plan de Convivencia da Xunta de GaliciaDo programa conxuganse liñas de actuación que se centran na aprendizaxe cooperativa, a tutorización entre iguais e a educación das emocións respecto dos demais. A aprendizaxe en mediación consiste en aprender habilidades sociais como a escoita activa ou a empatía.

O instituto xa conta cun grupo mediador formado por alumnos de terceiro e cuarto da ESO. Unha vez acabadas as leccións iniciais de formación nas titorías de segundo, presentáronse novos aspirantes para formar parte do equipo de mediación, unindo deste xeito ao resto de compañeiros.

O equipo de estudantes está coordinado por dúas profesoras tamén formadas en habilidades sociais. Isto é debido a que o proceso de mediación nun conflito ten unhas pautas concretas, que se deben seguir para conseguir que funcionen de maneira efectiva.