O inicio da Semana Santa manterá o sol e deixará temperaturas agradables

Pontevedra
06 de abril 2017

A pesar do descenso das temperaturas que se producirá a partir do venres 7 de abril, a Semana Santa arrincará con ceos despexados e asollados

Praia Areas, Sanxenxo
Praia Areas, Sanxenxo

A Semana Santa chega ás Rías Baixas con ceos asollados pero cun descenso das temperaturas máximas. Hoxe, xoves 6 de abril, e mañá serán os días da semana coas temperaturas máis elevadas , 27º e 25º graos respectivamente.

Segundo os datos de MeteoGalicia durante os próximos días haberá ceos pouco nubrados e despexados. As temperaturas mínimas serán normais para estas datas e altas para os máximas respecto do habitual.

A medida que se achegue o fin de semana previo á Semana Santa, as temperaturas irán descendendo ata os 22º o sábado e 24º durante a tarde do domingo, con mínimas que se manterán estables.

A partir do domingo e co inicio da Semana Santa, a provincia de Pontevedra, atoparase nunha zona intermedia entre altas presións provenientes do Mediterráneo e un centro de baixas presións centrado no oeste de Portugal.

Por consecuencia, con estes datos, espérase unha alternancia de días con nubes e claros con baixas probabilidades de choiva e, en xeral, o descenso das temperaturas máximas.