O informe técnico solicitado polo Concello de Vilaboa dá a razón aos veciños de Bértola

Vilaboa
26 de xullo 2013

Os técnicos chegan á conclusión que a subestación eléctrica debería situarse a unha distancia mínima da poboación de 2.000 metros, para evitar a previsible emisión de campos electromagnéticos e outros riscos como é o caso de explosión e incendio que poidan xerar dano material e risco de contaminación no seu ámbito

Os técnicos chegan á conclusión de que a subestación eléctrica debería situarse a unha distancia mínima da poboación de 2.000 metros, para evitar a previsible emisión de campos electromagnéticos e outros riscos como é o caso de explosión e incendio que poidan xerar dano material e risco de contaminación no seu ámbito.

"A proposta inicial de Rede Eléctrica sitúa a subestación a menos de 250 metros de vivendas, naves industriais e Camiño Xacobeo Portugués", ploo cal, a opción formulada pola Comunidade de Montes de Bértola, sería segundo os técnicos a máis recomendable en relación a distancia de vivendas, centros laborais, etc.. "Por estes mesmos criterios deberíase descartar a opción proposta por Rede Eléctrica de España", aseguran desde o Concello.

Este venres 26 de xullo ás 20:30 horas está convocado un pleno no Concello de Vilaboa, para propoñer o rexeitamento á situación proposta por Rede Eléctrica de España e aprobado pola Xunta de Galicia con data 24-01-2013.