O centro sociocultural de Santa Marta, en Santiago de Compostela, acolleu este mércores a entrega de galardóns da terceira edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global.
Un dos tres centros educativos premiados polo seu proxecto foi o IES Luís Seoane de Pontevedra.
En concreto recoñeceuse otraballo 'Re_Étika: pensa, consome, actúa, I Feira da Sostibilidade'. Trátase dunha proposta elaborada para a ESO, Bacharelato e Formación Profesional nas ramas de Comercio e Márketing que promove unha reflexión crítica sobre o modelo de consumo actual, especialmente na poboación adolescente.
O obxectivo era vincular os hábitos de consumo cos seus impactos sociais e ambientais a través de diversas accións, como foi a Feira da Sostibilidade.
Segundo expliaron os alumnos do centro pontevedrés "estamos xa a pensar nunha terceira edición e en que as novas xeracións de alumnado poidan continuar este proxecto".
O Premio Galego de Educación para ou Desenvolvemento e Cidadanía Global é unha iniciativa impulsada pola Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento co apoio da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, que pretende recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha ciudadnía solidaria, crítica e comprometida coas construción dun mundo xusto.
Tamén foron recoñecidos senllos proxectos do CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela) e da Facultade de Ciencias da Educación da Coruña.