O alumnado de 1º de bacharelato do IES Johán Carballeira, xunto co seu profesorado, será o encargado de preparar a II edición deste festival solidario, que ten como finalidade doar todo o recadado ás plataformas benéficas 13 Graos e Save the Children. A data prevista para a súa celebración é o 29 de abril, situándose na Praza Massó, na localidade de Bueu.
Esta segunda edición do festival se colocarán diversos postos de venda creados polo alumnado do centro educativo. Para coñecer cada detalle, o Concelleiro de Ensino e Cultura Xosé Leal trasladouse ao propio instituto esta mesma semana, para así poder escoitar as propostas estudiantiles para esta nova celebración do evento solidario.
O éxito cultivado na primeira edición, cunha recadación total de máis de 2.300 euros que se destinou ás asociaciónsBDRIePallasos sen fronteiras, convida ó optimismo para esta nova entrega. Tal e como explican desde o IES Johán Carballeira, este festival ten como finalidade apoiar os colectivos máis vulnerables a través da arte e a cultura.
Según afirman dende o centro educativo, Art For Change non só axuda a estes colectivos en situación de vulnerabilidade, senón que o fai apoiando a entidades culturais e artísticas que queiran desenvolver proxectos que colaboren con estas situacións tan precarias. Para iso, desde a institución convidan outros centros da mesma localidade e doutras próximas a que participen nesta iniciativa solidaria.
As formas para colaborar son variadas, e pasan desde talleres de música e danza, ata representacións teatrais e postos de arte ou ciencia. En canto á participación cidadá, espérase que o festival teña unha gran acollida, pois o éxito da primeira edición convida a pensar que os bos resultados poden volver darse este ano.