O histórico dirixente veciñal Ángel Mario Lago irá na lista do PSOE ás municipais

Pontevedra
07 de marzo 2019

Ángel Mario Lago, unha das persoas máis senlleiras do movemento asociativo veciñal en Pontevedra, aceptou a oferta do PSOE para formar parte da súa candidatura ás próximas eleccións municipais de maio

Ángel Mario Lago
Ángel Mario Lago

Ángel Mario Lago, unha das persoas máis senlleiras do movemento asociativo veciñal en Pontevedra, aceptou a oferta do PSOE para formar parte da súa candidatura ás próximas eleccións municipais de maio.

Para o candidato socialista, Tino Fernández, Ángel Mario Lago amosa a "decidida aposta" do partido para mellorar a situación dos barrios e das parroquias da cidade, ao tratarse dunha das persoas "máis activas" entre as forzas vivas de Pontevedra.

Durante a súa traxectoria, entre outras responsabilidades, foi voceiro da Federación Veciñal Castelao, a Asociación de Veciños O Mirador de Monte Porreiro e a Plataforma 5-J.

O dirixente veciñal, que irá en postos de cabeza nas listas do PSOE por Pontevedra, amósase crítico co "estado de abandono" no que se atopan algúns barrios da cidade, como é o caso de Monte Porreiro, polo que ve prioritario que se leven a cabo proxectos de humanización e optimización de servizos.

Lago tamén considera esencial a mellora da rede de transportes, tanto en frecuencias "como no prezo do billete", xa que entende que as actuais conexións co centro da cidade non permiten dar resposta ás necesidades das persoas que viven nas parroquias e nos núcleos de poboación do contorno.

Arquivado en