O hermafroditismo e a bisexualidade "que solemos tildar de raros, en el mundo animal son corrientes"

Durante a mañá do mércores 12 de abril tivo lugar no Teatro Principal de Pontevedra o sétimo coloquio sobre 'Filosofía e Arte' no marco da 'XXXIX Semana Galega de Filosofía'. Patricia Mayayo, doutora en Historia e Arte, achegou aos asistentes conceptos como o ecofeminismo, as ecoloxías queer e os transhumanismos

Semana Galega de Filosofía
Semana Galega de Filosofía / Mónica Patxot

Durante a mañá do mércores 12 de abril tivo lugar no Teatro Principal de Pontevedra o sétimo coloquio sobre 'Filosofía e Arte' no marco da 'XXXIX Semana Galega de Filosofía'Patricia Mayayo, doutora en Historia e Arte, achegou aos asistentes conceptos como o ecofeminismo, as ecoloxías queer e os transhumanismos.

Os anos 70 foron o punto de partida para Mayayo quen, a través da mención e explicación de obras e artistas, respondeu a cuestións relacionadas co feminismo, a natureza e a arte.

A primeira intervención desta xornada partiu da mención de figuras relevantes que adoptaron unha postura máis esencialista no ecofeminismo, un movemento que segundo Mayayo, "nos hace ver las conexiones invisibles que tienen que ver con las relaciones de dominio entre el ser humano y la naturaleza".  

A ponente explicou que as posturas máis radicais aportaron "cierta áurea negativa" ao ecofeminismo. Ao respecto, a experta aclara que "las mujeres han sido mucho más activas en defensa del medio ambiente" porque o patriarcado as converteu en responsables de familia e do aprovisionamiento de víveres.

Mayayo continúa a súa intervención confensando a dificultade para definir as ecoloxías queer, unha teoría que, segundo a experta, rexeita as posturas esencialistas do ecofeminismo. Máis alá de ensalzar as mulleres no activismo medioambiental, a experta aclara que a ecoloxía queer trata "cómo los discursos sobre naturaleza fueron usados para imponer la heteronormatividad, controlar la sexualidad y castigar a todas aquellas personas consideradas sexualmente transgresoras"

Explica Mayayo que aínda hoxe a ecoloxía queer continúa subliñando como "nuestra concepción sobre la heterosexualidad sigue mayoritariamente asociada con la idea de lo natural". Entre as obras que amosou durante o coloquio, a historiadora comentou a relación que existe entre "animales humanos y animales no humanos". Ao respecto aclara que moitos comportamentos ou características como o hermafroditismo ou a bisexualidade son considerados como correntes no mundo animal e "antinaturales, raros o averrantes" no ámbito humano.

Mediante referencias a diversos artistas, os asistentes coñeceron as cuestións máis relevantes sobre o transhumanismo e o posthumanismo, un movemento que segundo a ponente aspira a transformar a natureza humana mediante as novas tecnoloxías.

As charlas, coloquios e debates continuarán durante este mércores coa intervención de Sabela Hermida, actriz e doutora en Artes escénicas, e Fermín Muguruza, músico e cineasta.