O Grupo Lar borra as súas pegadas dos terreos de Tafisa

Pontevedra
06 de maio 2015

Coa retirada do monoposte publicitario o Grupo Lar borrar as súas últimas pegadas dos terreos da antiga fábrica de taboleiros de Tafisa ás beiras do río Lérez. Este mércores procedeuse á desmontaxe do cartelón publicitario da sociedade Pontelérez, creada por Lar para o malogrado desenvolvemento urbanístico destes terreos

Retirada do monoposte publicitario dos terreos de Tafisa
Retirada do monoposte publicitario dos terreos de Tafisa

Coa retirada do monoposte publicitario o Grupo Lar borrar as súas últimas pegadas dos terreos da antiga fábrica de taboleiros de Tafisa ás beiras do río Lérez. Este mércores procedeuse á desmontaxe do cartelón publicitario da sociedade Pontelérez, creada por Lar para o malogrado desenvolvemento urbanístico destes terreos.

A manobra obrigou a cortar o carril de tráfico de suba a Monte Porreiro, habilitándose temporalmente o acceso peonil a través dos viais da urbanización de Tafisa.

Neste sentido, o Grupo Lar procederá a retirar todo o valado do recinto para que a cidadanía poida usar este espazo público cos seus viais, zonas verdes e o parque infantil construído na zona.

O tenente de alcalde responsable de Urbanismo, Antón Louro, xa deu orde aos servizos municipais e ás empresas concesionarias de servizos para que inspeccionasen as obras de urbanización, incluída a zona de Camiño Vello de Castela, xunto ao estadio do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, así como unha senda peonil, despois de que Lar presentase un escrito no Concello comunicando o fin das últimas actuacións pendentes de xardinaría e plantación de céspede, así como un certificado de final de obra.

Estes traballos de urbanización tiveron un custo final de 5,4 millóns de euros.