O grupo Hotusa xestionará as Pousadas do Salnés

O Salnés
30 de abril 2014

O grupo catalán con presenza en máis de 50 países foi o elixido pola Deputación de Pontevedra para dirixir as catro Pousadas durante un período de 12 anos. "Non foi unha negociación doada", afirmou o presidente provincial, Rafael Louzán, xa que "as esixencias e garantías requiridas foron moitas" na mesa de contratación

Louzán salienta a importancia da empresa adxudicataria das Pousadas do Salnés /
Pousada de Meaño
Pousada de Meaño

Hotusa xestionará as Pousadas do Salnés. O grupo catalán con presenza en máis de 50 países foi o elixido pola Deputación de Pontevedra para dirixir as catro Pousadas durante un período de 12 anos. "Non foi unha negociación doada", afirmou o presidente provincial, Rafael Louzán, xa que "as esixencias e garantías requiridas foron moitas" na mesa de contratación neste procedemento negociado.

Louzán celebrou que a adxudicataria sexa un grupo "o suficientemente sólido" para aseguran a "calidade e solvencia" destes establecementos hoteleiros, que terán de partida unha cualificación de catro estrelas e unha dirección única.

A cambio desta adxudicación Hotusa-Eurostars pagará un canon anual correspondente ao 12% dos seus beneficios.

Non obstante as Pousadas non abrirán ao público ata finalizar o verán. ÿ dicir, dous meses despois do seu amoblamento, unha circunstancia que aínda non se produciu e para a que a institución provincial destinará 1,4 millóns de euros. Esta elevada partida esixe a publicación no Boletín da Comunidade Europea o que atrasa todo o proceso.

A expansión de Hotusa levouno ao liderado mundial no seu sector. A cadea está dirixida polo empresario galego Amancio López Seijas (Chantada, 1955) que también presiden Exceltur.

Dende o grupo provincial do PSdeG, o deputado e exalcalde de O Grove, Jose Antonio Cacabelos, calificou esta obra coma "o Gaiás de Louzán" en referencia ao "desproporcionado custo destes hoteis de máis de 17 millóns de euros" y salientou que Amancio López Seijas "e un compañeiro de pupitre e amigo persoal de Mariano Rajoy".

Pola súa banda, os deputados do BNG recordaron que "son cartos públicos, así que por nós non vai quedar", dixo o voceiro César Mosquera, polo que desexou "que haxa sorte e a empresa teña éxito na súa xestión".

Arquivado en