O goberno local do Concello de Vilaboa presenta unha moción para o seu debate polo pleno da corporación na que reitera o seu rexeitamento á ubicación proposta por Red Eléctrica de España (REE), para a instalación de subestación eléctrica na parroquia de Bértola.
O grupo de goberno (PSOE-BNG) toma esta iniciativa despois do acontecido na última xuntanza o pasado día 17 de febreiro na Subdelegación do Goberno en Pontevedra, na que o Ministerio de Fomento informou aos representantes veciñais e do concello alí presentes "que esta instalación non era necesaria para a posta en marcha do AVE e para os seus primeiros anos de funcionamento, polo que eles esperaban á resolución xudicial".
Para os socios de goberno en Vilaboa isto ven a demostrar "que o interese de utilidade pública da instalación non era tal, xa que non é necesario a corto nin medio prazo para a posta en marcha do AVE".
Por este motivo, na súa moción tamén solicitan a Rede Eléctrica o estudio detallado e exhaustivo do desprazamento da subestación á ubicación proposta pola Comunidade de Montes da parroquia de Bértola.