O Concello do Grove vén de presentar o programa do Entroido 2019.
Un ano máis os pratos fortes da programación concéntranse no Festival de Comparsas, o desfile e o enterro da Sardiña.
O Festival de comparsas, no que se outorgar o título de Comparsa Campioa do Mundo, celebrarase o sábado 2 de marzo (21:00 horas) no pavillón de Monte da Vila. Tras a apertura do prazo de inscrición son 10 xa as comparsas que fixeron a súa solicitude.
Seguindo a liña dos últimos anos a presentación das comparsas será realizada mediante vídeos, que nesta ocasión terán como fío condutor "a fala do Grove" reivindicando as súas peculiaridades.
Por outra banda, os esforzos tamén se concentran no desfile de entroido do martes 5 de marzo (17:00 horas), no que se repartirán case 3.000 euros en premios.
Os grandes eventos irán acompañados dunha oferta para os máis pequenos con festas, obradoiros e concursos, como o taller de Xoubiñas no que poderán crear a súa pequena sardiña para acompañar o enterro do venres 8 de marzo (20:00 horas).