O Grove estreará nuns días as pistas de padel de Monte da Vila

O Salnés
24 de xaneiro 2018

As pistas municipais de padel que O Grove está a habilitar no Monte da Vila abrirán en cuestións de días. O goberno municipal está a ultimar os detalles do sistema de xestión que terán estas instalacións deportivas

Pistas de padel de Monte da Vila
Pistas de padel de Monte da Vila

As pistas municipais de padel que O Grove está a habilitar no Monte da Vila abrirán en cuestións de días. O goberno municipal está a ultimar os detalles do sistema de xestión que terán estas instalacións deportivas.

O Concello explica que tres persoas serán as encargadas da xestión do aluguer, do mantemento das instalacións e de impartir clases gratuítas deste deporte.

O sistema de xestión das pistas realizarase mediante aluguer. O goberno municipal está estudiando un prezo por 1 hora e media de uso de entre 10 e 12 euros. Para poder facilitar o acceso, estase implementando unha aplicación móbil que permitirá que os usuarios poidan realizar as reservas e os pagos comodamente.

Deste xeito calquera veciño ou veciña do Grove poderá consultar os horarios dispoñibles, reservar, realizar o pago e acceder ao uso da pista. 

Esta nova instalación, anexa ao novo pavillón de deportes, consta de tres pistas e atenderá a unha alta demanda deste tipo de deporte. Os afeccionados a esta disciplina non contaban con instalacións na vila e tiñan que desprazarse a outros lugares para a súa práctica. 

A previsión é que sexa cuestións de días que as pistas poidan empezar a empregarse. Como inicio, e mentres se realizan os trámites para contar con persoal, establecerase un período de uso gratuíto no que se realizará unha reserva telefónica para poder acceder ás mesmas.

Deste xeito preténdese "rodar" adecuadamente estas pistas para comprobar que se atopan en óptimas condicións e permitir que máis persoas poidan achegarse a este novo deporte que tamén se poderá practicar no Grove.