O gromo en Pneumoloxía de Montecelo mantén a tres médicos positivos e catro en corentena

Pontevedra
17 de novembro 2020

O Servizo Galego de Saúde informou este martes que o Servizo de Medicina Preventiva do Hospital Montecelo confirmou que hai tres neumólogos contaxiados e outros catro facultativos máis doutras áreas en corentena por ser contactos estreitos

Persoal sanitario
Persoal sanitario / Francisco Aviá

O Servizo Galego de Saúde informou este martes que o Servizo de Medicina Preventiva do Hospital Montecelo confirmou que hai tres neumólogos contaxiados e outros catro facultativos máis doutras áreas en corentena por ser contactos estreitos.

Estes últimos son dous neumólogos máis, un médico de medicina interna e un médico interno residente (MIR).

O Hospital Montecelo foi foco de varios gromos de especial importancia durante o último mes, un no servizo de Urxencias e outro en Oncoloxía.

Do mesmo xeito que ocorreu nas anteriores ocasións cando houbo que reestrucutrar os servizos afectados, nesta ocasión o funcionamento de Neumatoloxía está a verse afectado polo gromo que lle impacta directamente a un cadro de persoal que xa presentaba un déficit de especialistas.

A unidade de coidados intensivos (UCI) do Hospital Montecelo ten este martes a oito pacientes ingresados por covid.

DATOS RESIDENCIAS

A Xunta informou tamén este martes que o número de usuarios de residencias de Galicia diagnosticados con covid-19 baixou a 334. Houbo 30 altas e un total de nove falecidos e incorporáronse cinco novos casos positivos, catro deles no centro xeriátrico que agora mesmo sofre o maior gromo: DoralResidencias de Mos, cun total de 96 anciáns, seguido dos 45 de DomusVi Ribadumia.

O parte de Política Social retiran do cómputo por negativizar tres usuarios da residencia Domusvi de Ribadumia.

Dentro da área sanitaria de Pontevedra - O Salnés, tamén hai anciáns diagnosticados de covid-19 na Residencia Nosa Señora Valvanera de Cambados (3), e na Residencia Divina Pastora de Vilagarcía (2).

En canto aos traballadores destes centros, nas últimas 24 horas baixou o cómputo total de diagnosticados de coronavirus, ata os 233. Isto foi posible grazas a que se produciron unha vintena de curacións. Na DomusVi Ribadumia hai aínda 27 empregados contaxiados.