O Gremio de Mareantes será o escenario da homenaxe local aos mariñeiros do Villa de Pitanxo

Pontevedra
13 de febreiro 2023

Será o sábado 18 de febreiro ás 12.00 horas e, dentro do acto, está prevista a instalación dunha placa en lembranza de todas as vítimas do naufraxio

Cofradía dos Mareantes
Cofradía dos Mareantes / Mónica Patxot

O goberno local de Pontevedra anunciaba este luns que o vindeiro sábado 18 de febreiro celebrarase un acto homenaxe no Gremio de Mareantes en memoria dos mariñeiros da embarcación Villa de Pitanxo, con motivo do aniversario do desgraciado naufraxio.

Anabel Gulías, portavoz do goberno local, informaba da decisión de "amosarlles o noso agradecemento ás familias destes mariñeiros" e sinalou que na organización deste acto no que estarán implicados todos os municipios onde residía algún dos tripulantes falecidos no accidente. 

"Non podemos facermos máis que poñernos ao dispor das familias e, como non, acompañamos na súa dor, nunha dor que aínda segue por non ter os restos das persoas desaparecidas", afirmou a concelleira. 

O acto realizarase ás 12.00 horas do sábado e instalarase unha placa na que figuran o nome e os apelidos de todas as persoas que perderon a vida neste suceso marítimo, tal e como se está facendo en todos os concellos en que se realiza o acto de recordo.

Gulías fixo especial referencia ás familias de Rogelio e Edemon, os veciños pontevedreses que "a cidade perdeu neste naufraxio, e que seguen repoñéndose das consecuencias deste incidente". A placa será instalada nunha zona próxima ao porto. No acto previsto intervirán familiares dos mariñeiros e tamén Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra.