O Gran Montecelo terá 27 ascensores e 4 escaleiras mecánicas para desprazar 16.000 persoas cada hora

Pontevedra
02 de abril 2022

A Xunta de Galicia vén de comunicar que o Hospital Público Gran Montecelo contará con 27 ascensores e 4 escaleiras mecánicas cunha capacidade para desprazar 16.000 persoas á hora. A intención é instalar 18 ascensores cunha capacidade de carga de 1.150 quilogramos e outros 9 con capacidade para 1.600

Plano onde irán ubicados os ascensores do Gran Montecelo
Plano onde irán ubicados os ascensores do Gran Montecelo

A Xunta de Galicia vén de comunicar que o Hospital Público Gran Montecelo contará con 27 ascensores e 4 escaleiras mecánicas cunha capacidade para desprazar 16.000 persoas á hora. A intención é instalar 18 ascensores cunha capacidade de carga de 1.150 quilogramos e outros 9 con capacidade para 1.600.

Segundo avanzou o Goberno autonómico, na zona de maior tránsito, distribuidor central e accesos ás consultas externas, irán integrados equipos de última xeración con dous conxuntos de escaleiras mecánicas, un desde a planta baixa á primeira e outro desde a primeira á segunda.

O equipamento, ademais, incorpora desde conectividade remota, que mellora a eficiencia do servizo de mantemento, ata máquinas sen redutor, para optimizar os percorridos. Estas solucións de transporte vertical de última xeración que se instalarán no hospital teñen alta eficiencia enerxética que logran, coa incorporación dun variador de frecuencia rexenerativo, que a enerxía se devolva á rede eléctrica para o seu uso posterior. 

Esta primeira fase das obras do Gran Montecelo contan cunha achega autonómica de máis de 130 millóns de euros. No seu conxunto, o Goberno galego investirá 155 millóns de euros para dotar Pontevedra e os veciños da área dun hospital renovado e de referencia.

Arquivado en