O Gran Montecelo cumpre medio ano de obras

Pontevedra
01 de novembro 2021

A conselleira de Infraestruturas e Movilidad, Ethel Vázquez sinalou que con este ritmo de traballos, a Xunta confirma o seu obxectivo de que as obras poidan finalizar antes do prazo previsto no contrato, entre finais de 2023 e principios de 2024

Obras do novo hospital Gran Montecelo
Obras do novo hospital Gran Montecelo / PontevedraViva

Este mércores cumpriranse seis meses desde o comezo oficial a construción do novo hospital Gran Montecelo.

As obras que executa a unión temporal de empresas que forman Copasa, Pontes e Calzadas e Ogmios, avanzan coa cimentación. Para iso foi necesario realizase lgunas voaduras, pola presenza de roca nunha parte do terreo. Tamén foi necesario retranquear unha tubaxe de gas que cruzaba por unha banda do terreo.

A parte máis avanzada é a que os técnicos denominan como Plataforma 3 na que se situarán as novas urxencias e os bloques cirúrxicos. 

A conselleira de Infraestruturas e Movilidad, Ethel Vázquez sinalou que con este ritmo de traballos, a Xunta confirma o seu obxectivo de que as obras poidan finalizar antes do prazo previsto no contrato, entre finais de 2023 e principios de 2024.

Subliñou que para que iso poida ser posible os Orzamentos da Xunta para 2022 reservan a partida de 35,59 millóns de euros para esta 1ª fase das obras do hospital público Gran Montecelo, que permitirá atender as necesidades asistenciais dos veciños de 26 concellos nos próximos 50 anos.

 

Arquivado en