O Goberno reformará o Regulamento Xeral de Costas "para eliminar as actuais incertezas"

Pontevedra
17 de abril 2019

O Executivo envía unha mensaxe de tranquilidade á acuicultura galega e asegura que a reforma do Regulamento de 2014 establecerá "criterios obxectivos para o outorgamento de concesións e prórrogas co fin de dar certidumbre ás empresas, que ata agora padecían criterios contraditorios"

Teresa Ribera, ministra de Transición Ecolóxica
Teresa Ribera, ministra de Transición Ecolóxica / Gobierno de España

A Delegación do Goberno en Galicia transmitiu este mércores unha mensaxe de tranquilidade para as actividades de acuicultura e depuración de marisco que se desenvolven en Galicia.

O Goberno empezou a traballar nunha modificación do Regulamento Xeral de Costas debido a "certas disfuncionalidades e incoherencias" que afectan á devandita norma, de 2014, que desenvolve as leis de 1988 e 2013.

Tras consultar coa Avogacía do Estado, o Ministerio para a Transición Ecolóxica pretende introducir certas aclaracións no novo texto regulamentario, co obxectivo de "eliminar a incerteza actual". En calquera caso, precisa que "a modificación do Regulamento respectará escrupulosamente a lexislación vixente, como non pode ser doutra maneira".

Manterase o prazo máximo para as concesións que establece a lei de 2013, de 75 anos

"Fronte á incerteza e confusión que xera o Regulamento actual", o Ministerio pretende evitar as " disfuncionalidades" sinaladas polo Tribunal Constitucional e o Tribunal Supremo cunha redacción "máis clara e específica".

Dentro desta redacción, e co obxectivo de "achegar certidumbre a longo prazo ás empresas", desde o Goberno aseguran que "se establecerán os criterios obxectivos que modulen e objetiven a decisión sobre o outorgamento de concesións e prórrogas".

A nova redacción foi obxecto de exposición pública e recibiu un bo número de alegacións que "se analizan en profundidade, pero, en calquera caso, non afectarán as leis", puntualizan. Manterase, por tanto, o prazo máximo para as concesións que establece a lei de 2013, de 75 anos.

Por tanto, a Delegación do Goberno en Galicia insiste en enviar unha "mensaxe de tranquilidade á acuicultura galega".

 

Arquivado en