O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente outorgoulle a Ence - Energía y Celulosa a prórroga da concesión de ocupación dos terreos nos que se ubica o seu Centro de Operacións de Pontevedra. A prórroga concédese por 60 anos, cun prazo adicional por riba dos 50 anos, "dado o forte compromiso de Ence en Pontevedra cun investimento de 61 millóns de euros".
Segundo informou o Grupo Ence, entre os investimentos comprometidos destacan os 30,2 millóns de euros que a empresa destinará a "unha importante mellora da eficiencia da fábrica, algo que permitirá medrar en producción de celulosa e enerxía renovable". Ademais, a empresa investirá 15 millóns na instalación dun novo ciclo da auga que fará posible, segundo a compañía, recuperar gran parte da agua do proceso e minimizar o volumen do efluente.
Por outra banda, Ence sinala que continuará co seu "compromiso coas melloras ambientais", concretamente na eliminación de olores, de ruídos e de vapores, así coma para garantir a fiabilidade medioambiental alén das obrigas legais, cun investimento próximo aos 12 millóns de euros. Tamén salientan os catro millóns que Ence vai adicar ao deseño e maila execución do proxecto de integración paisaxística da súa fábrica de Lourizán, que aportará unha "significativa mellora" do seu impacto visual na Ría de Pontevedra.
Con estes investimentos que ten que acometer, Ence pretende que a celulosa da súa fábrica de Pontevedra se poña ao mismo nivel de custes que a do centro de operacións da empresa en Navia, que xa é unha das dúas plantas de celulosa máis competitivas de Europa.
Todas estas cantidades, que están avaladas na solicitude de prórroga, fóronlle anunciadas ao mercado no Investor Day celebrado pola empresa durante o pasado mes de novembro.
PLANTA DE BIOMASA
Logo de gañar o concurso de biomasa, Ence baralla instalar unha planta de biomasa de 40 MW en Pontevedra, algo que suporía un investimento adicional de 74 millóns de euros que está contemplado no Plan Estratéxico da empresa e que se menciona na solicitude de prórroga.
A empresa considera que a prórroga é "unha boa nova para a cidade de Pontevedra polo emprego que vai xerar"
Nun comunicado o grupo pasteiro salienta tamén que "a prórroga da concesión foi posible porque a fábrica de Ence en Lourizán, referente medioambiental do seu sector en Europa, cumpre folgadamente a esixente normativa medioambiental europea".
Por outra banda, a empresa considera que a prórroga é "unha boa nova para a cidade de Pontevedra polo emprego que vai xerar, para o mantemento do nivel de actividade do porto de Marín e para todo o sector forestal galego".
Ence di que a decisión adoptada polo Ministerio de Medio Ambiente "permitiu salvar os máis de 800 postos de traballo que Ence xera en Pontevedra e os más de 5.000 de toda Galicia que dependen do funcionamiento da súa fábrica de Lourizán". Ademais, engaden "ábreselle a porta á creación dun maior volume de traballo na zona da mano destes fortes investimentos que vai acometer a empresa".
"Ence non vai a defraudar a Pontevedra e a súa bisbarra, e comprométese a traballar coa máxima responsabilidade e co maior rigor para seguir xerando riqueza e emprego, así coma para contribuír á calidade de vida dos ciudadáns de Pontevedra, coa esperanza de facerse acreedora de apoio á súa actividade e permanencia por parte de todos os pontevedreses e pontevedresas", remata o comunicado.