O goberno municipal leva a pleno unha subvención para os afectados polas preferentes

Pontevedra
20 de xuño 2013

O pleno municipal, fixado para o próximo martes 25, inclúe cambios na modificación de crédito formulada polo goberno engadindo unha partida destinada á Plataforma de Afectados Marín e Pontevedra, "así cumpriremos con todas ás peticións que nos fixeron", recalca Raimundo González

Momento da suspensión do Pleno municipal pedido polos afectados por preferentes
Momento da suspensión do Pleno municipal pedido polos afectados por preferentes / PontevedraViva

Despois da suspensión do último pleno municipal ante a presenza dos afectados polas preferentes, o goberno local fixou unha nova sesión para o próximo martes 25 de xuño cunha orde do día practicamente idéntica pero na que se aprecia algunha variación, como a inclusión dunha subvención para a Plataforma de Afectados de Marín e Pontevedra.

Esa subvención, segundo explicou o voceiro municipal e concelleiro de Facenda Raimundo González, incluirase dentro da modificación de crédito que pretende aprobar o goberno local: "a contía da modificación de crédito é a mesma, pero reorganizamos as partidas. Así cumpriremos todas as peticións que nos fixeron os afectados no seu momento".

Ramiundo González: "Ata agora non atopabamos encaixe legal á subvención"

A cantidade concreta da axuda, segundo González, aínda non está decidida e será destinada a sufragar pequenos gastos da plataforma: "demostramos que temos un compromiso con eles dende o principio. Ata agora non atopabamos encaixe legal á subvención".

CANCELACIÿN DE CONTAS DE NGB

O voceiro municipal aproveitou a súa comperecencia para contestar ás críticas do Partido Popular en relación ás catro contas que o goberno local ten previsto cancelar en NovaGalicia Banco.

Jacobo Moreira fixou en 66.764 os euros que Pontevedra retira da entidade bancaria, unha cifra "simbólica", se ben Raimundo González puntualiza que se trata de contas operativas cun fluxo importante de diñeiro ao longo do ano: "non se falou nada de que en esas contas hai tanto, senón os cartos que pasan por ela".

González asegura que cumpren o acordo plenario e o falado cos afectados polas preferentes, non cancelar contas que puidesen causar problemas ao Concello: "só unha reflexión, se todos os cartos da retirada de vehículos pasan pola conta, se retiras 4.800 coches a 106 euros no ano xa pasas dos 500.000 mil. ÿ do que estamos a falar, son contas operativas".