O goberno local xa pensa nas festas de Santiaguiño, Peregrina e Feira Franca

Pontevedra
30 de marzo 2020

A Xunta de Goberno local celebrada este luns aprobou o inicio de expediente do servizo de montaxe de liñas e cadros para subministro de enerxía eléctrica para atraccións de feira das festas de Santiaguiño, Peregrina e Feira Franca para o ano 2020 por un importe de 145.377 euros

Atraccións de feira
Atraccións de feira / Juan Mejuto

A Xunta de Goberno local celebrada este luns aprobou o inicio de expediente do servizo de montaxe de liñas e cadros para subministro de enerxía eléctrica para atraccións de feira das festas de Santiaguiño, Peregrina e Feira Franca para o ano 2020 por un importe de 145.377 euros.

Aprobouse, así mesmo, a prórroga do contrato de servizo de responsabilidade e coordinación en materia de seguridade e saúde e prevención de riscos laborais na execución das obras de titularidade municipal, que consta de dous lotes.

O lote A corresponde á Oficina Técnica de Arquitectura (OTA), asinado coa empresa Ingeniería de Gestión y Seguridad, que se prorroga por un ano máis a contar desde o 19 de abril.

O lote B corresponde á Técnica de Medio Ambiente, Infraestructura, Ingeniería y Servicios (OTMAIES), asinado coa empresa Ingeniería y Prevención de Riesgos, que tamén se prorroga por un ano máis a contar desde o 19 de abril. Ambas prórrogas teñen un importe de 30.239 euros cada unha.

Na mesma Xunta de Goberno aprobouse unha modificación do contrato de subministración de enerxía eléctrica aos edificios e instalacións públicas, co obxecto de incluír o subministro en dous edificios máis: o edificio da rúa Ferreiros e o novo local de Os Campos.

Esta modificación do contrato existente coa empresa Iberdrola supón un incremento anual de 12.355 euros.