O goberno local sinala o "momento histórico" que vive Pontevedra cun récord de proxectos en marcha

Pontevedra
20 de setembro 2017

O concelleiro de obras, Demetrio Gómez, asegurou que a Boa Vila ten proxectos en marcha por valor total de 41 millóns de euros

Xunta de goberno do Concello de Pontevedra
Xunta de goberno do Concello de Pontevedra / Mónica Patxot

O concelleiro de obras, Demetrio Gómez, asegurou que Pontevedra está a vivir un "momento histórico" polo récord de proxectos que o goberno local ten en marcha. Díxoo este mércores en rolda de prensa e así llo vai a transmitir ás federacións veciñais ás que vai presentar o seu plan de obras.

Trátase de 19 proxectos en execución que suman un valor total de 3,7 millóns de euros. A estes hai que sumar outros 45 proxectos en fase de tramitación por valor de 28,1 millóns, e finalmente outros 8 proxectos en redacción por 9,8 millóns. Todos xuntos alcanzan os 41 millóns de euros.

Hai proxectos de seguridade viaria, reformas urbanas, rehabilitacións integrais de rúas, saneamento, parques, campos de futbol, instalacións deportivas, skate park ou ata a construción da Rolda Leste.

A estes proxectos aínda se poden incorporar outros máis xa que a lista non está pechada, segundo indicou Gómez Xunqueira. O plan de obras do concello sométese agora a unha fase de participación cidadá para que se acheguen suxestións.

Arquivado en