O Goberno espera que os trens Avril cheguen no verán e acurten en 20 minutos os tempos do AVE a Galicia

Pontevedra
22 de xaneiro 2022

A ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, mantivo este venres unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo na que anunciou que o Goberno fará "todo lo posible" para anticipar ao verán a posta en marcha dos trens Avril de ancho variable que reducirán en 20 minutos os tempos de conexión do AVE con todas as capitais galegas

Alberto Núñez Feijóo e Raquel Sánchez
Alberto Núñez Feijóo e Raquel Sánchez

A ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, mantivo este venres unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo na que anunciou que o Goberno fará "todo lo posible" para anticipar ao verán a posta en marcha dos trens Avril de ancho variable que reducirán en 20 minutos os tempos de conexión do AVE con todas as capitais galegas.

Raquel Sánchez confirmou que ten o "compromiso" de Talgo para que os trens poidan empezar a operar xa no verán. 

"Todos queremos que sean una realidad y que lleguen lo antes posible", declarou a ministra sen concretar máis sobre esta mellora que está condicionada, entre outras cousas, a que as probas de homologación e de seguridade se desenvolvan con éxito.

"Partiendo de esa premisa y con esa base, haremos todo lo posible para que puedan circular en verano. Hay que ser cautelosos, pero sería lo deseable", dixo a ministra.

No encontro tamén falaron das seis vías de alta capacidade que o Estado acomete en Galicia, da bonificación das peaxes e o corredor atlántico de mercadorías ou mesmo aos estudos para a tarificación das autovías, un modelo que está a analizar o Goberno e que será consultado coas comunidades autónomas para que sexa "un sistema justo y sostible" que teña "los máximos consensos posibles".