Como cada ano, o primeiro domingo de maio celébrase o día da nai, e con tal ocasión a Federación de Comercio estima que os establecementos comerciais da provincia de Pontevedra facturarán preto de vinte millóns de euros.
Destes, corresponden á cidade de Pontevedra 2,4 millóns de euros.
Aínda que regalan máis ou menos o mesmo número de persoas, o importe dos agasallos é menor
Á vista dos datos obtidos podemos deducir que a expectativa do gasto expresada polos enquisados indica que se producirá un pequeno aumento en torno ao 5% en relación aos datos obtidos no ano anterior, xa que aínda que regalan máis ou menos o mesmo número de persoas, o importe dos agasallos é menor, "porque a crise no consumo está a mellorar pero aínda falta bastante para que o consumidor poida ter confianza á hora de gastar, nesta festa, como é o día da nai".
Da enquisa, tamén se preguntou ás persoas entre os 40 a 60 anos como celebran o día da nai.
Ao ser domingo 1 de maio a festividade do día da nai, o 39% das familias celebran a comida nalgún restaurante, o resto das familias reúnense en casa dos pais, e o gasto medio por restaurante, por persoa, oscila entre os 22 euros e os 32 euros, dependendo do restaurante, e nas comidas familiares.
Gasto realizado no Día da Nai
- Nenos entre 5 e 14 anos: o gasto medio é de 12 euros realizando agasallos o 82% dos enquisados.
- Persoas entre 15 e 29 anos: o gasto medio é de 27,50 euros, realizando agasallos o 74 % dos enquisados.
- Persoas entre 30 e 49 anos: o gasto medio é de 54,36 euros, efectuando agasallos o 64 % dos enquisados.
- De 50 anos en diante: o gasto medio é de 46,30 euros, efectuando agasallos o 28 % dos enquisados.