O Galo Fodorico despide mes e pico de Entroido en Poio

Poio
26 de marzo 2017

O galo, radicalizado nos últimos tempos ata converterse nun extremista antisistema, foi acompañado ata a pira funeraria por un cortexo fúnebre que partiu nunha animada marcha desde a Praza do Mosteiro ata a Praza de Arís

Poio despide o Entroido queimando o galo Fodorico
Poio despide o Entroido queimando o galo Fodorico / Diego Torrado

O lume puxo fin este sábado ao Galo Fodorico e con el a máis dun mes e pico de Entroido no municipio de Poio.

O galo, radicalizado nos últimos tempos ata converterse nun extremista antisistema, foi acompañado ata a pira funeraria por un cortexo fúnebre que partiu nunha animada marcha desde a Praza do Mosteiro ata a Praza de Arís.

O séquito estivo conformado polas comparsas poienses Canecos, Os 100 tolos e Priscila Raíña de Samieira, así como outras de Marín, Monte Porreiro, Arcade e Bora.

A música do Trío Azabache amenizou a festa.

Arquivado en