O CEIP Froébel únese á listaxe de centros educativos de Pontevedra que contan co seu propio mural. O equipo creativo de Polo Correo do Vento acaba de finalalizar a súa obra neste centro, que ten como protagonista ao pedagogo alemán, Friedrich Fröbel, que dá nome ao colexio; ao antigo barrio da Moureira, á ponte da Barca cando pasaba o tren e a un arroaz remontando a ría de Pontevedra.
A pintura elaborada polos artistas Kike Mauricio e Carlos Taboada forma parte do programa promovido pola Concellería de Educación do Concello de Pontevedra titulado "O teu cole na historia", do que xa se beneficiaron outros cinco centros educativos.
O obxectivo é que os alumnos coñezan a historia do seu colexio. As paredes do CEIP de Parada-Campañó, A Xunqueira I, A Xunqueira II, Álvarez Limeses e CEP Campolongo xa teñen o seu. Os próximos serán CEIP San Benito de Lérez, San Martiño (Salcedo), Santo André de Xeve, Manuel Vidal Portela, Ponte Sampaio, CEP Marcos dá Portela e as escolas infantís de Verducido e Fina Casalderrey.