Dende o Foro Galego da Familia emitiuse un comunicado no que se esixe ao goberno local de Pontevedra que retire a pancarta que o pasado venres 24 de xaneiro foi instalada por varios concelleiros co Alcalde á fronte no balcón da Casa Consistorial.
Segundo este colectivo a institución municipal non pode ser unha plataforma para manipular e ideoloxizar a cidadanía, impoñendo a súa visión totalitaria e convertendo a súa opinión na de todos os cidadáns de Pontevedra. No comunicado consideran que se trata dunha usurpación das institucións con intereses partidistas, ademais dunha absoluta falta de respecto ao pluralismo da sociedade pontevedresa e sinala que "o pancartismo institucional é unha demostración de abuso de poder".
O texto continúa sinalando que "non se pode manipular nin adoutrinar dende o frontispicio do Pazo Municipal nin a muller nin á cidadanía. A muller sempre é a primeira vítima do aborto, por iso é acredora dunha información intelixible e veraz. O aborto nunca é gratuíto. ÿ un inmenso drama humano sobre todo para a muller. Co aborto só se lucran as clínicas abortistas que agora ven perigar o seu lucrativo negocio".