O fiscal pide imputar a Louzán pola Operación Patos

Pontevedra
21 de setembro 2015

O Ministerio Fiscal emitiu un informe no que pide que se tome declaración en calidade de imputado a medio centenar de empresarios, funcionarios e políticos, entre os que están o ex presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o ex vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa, a quen o fiscal atribúelles supostos amaños de contratos e obras públicas e a recepción de agasallos

Rafael Louzán
Rafael Louzán / Mónica Patxot

O Ministerio Fiscal emitiu un informe no que pide que se tome declaración en calidade de imputado a medio centenar de empresarios, funcionarios e políticos, entre os que están o ex presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o ex vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa, a quen o fiscal atribúelles supostos amaños de contratos e obras públicas e a recepción de agasallos.

Na relación da Fiscalía figuran nomes como o do alcalde de Vigo, Abel Caballero, imputado pola presunta recepción de agasallos. Tamén está imputada a delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch.

Unha vez que xa se levantou o segredo de sumario para as partes, a Fiscalía solicita que a causa se divida en pezas separadas xa que entende que debe haber inhibicións en favor dos xulgados de Pontevedra, Ponteareas, Santiago de Compostela e Ourense.

A bautizada como Operación Patos investiga delitos de prevaricación, cohecho e tráfico de influencias na adxudicación de contratos públicos e está coordinada pola titular do Xulgado de Instrución número 7 de Vigo, que conta coa colaboración da Fiscalía.

A empresa Cespa, que pertence ao grupo Ferrovial, atópase no epicentro desta investigación contra a corrupción do mesmo xeito que a constructora Eiriña, así como empresas do seu entramado.

PEZAS SEPARADAS

A Fiscalía solicita que, unha vez que se levantou o segredo de sumario para as partes, a causa se divida en pezas separadas. Así, entende que debe haber inhibicións en favor dos xulgados de Ponteareas, Santiago, Ourense e Pontevedra, en función dos feitos que implican a administracións que teñen sede nestas localidades.

Así, piden que se traslade aos xulgados pontevedreses a investigación de obras e adxudicacións na cidade de Pontevedra á construtora Eiriña, o suposto tráfico de influencias en relación con contratacións en Cespa e as pescudas por supostas irregularidades na tramitación de subvencións a Ence.

Arquivado en