O despacho de Lotaría da rúa Eduardo Pondal de Pontevedra selou unha quiniela do Euromillón premiada con 342.903 euros, segundo informou o titular do establecemento, Adela Vence.
"ÿ un boleto prognosticado de dúas columnas, semanal, de martes e venres, feita a man polo propio afortunado," explicou.
A noticia animou as vendas durante este mércores neste pequeno local. "Se nota no primeiro momento que ven máis xente. Incrementanse ás vendas, pero máis que nada é a satisfacción de dar un premio", comentou Adela Vence.
Sobre a identidade do afortunado Adela comentou que "tiña unha sospeita dun cliente pero acaba de confirmarme que el non foi e agora non sei quen é. Mesmo pode ser xente que ven do Camiño de Santiago", dixo.
En todo caso Adela dixo estar "contenta polo cliente" de quen non espera nada, xa que en todos os anos que leva aberta esta administración "nunca recibín nada dos premios que dín".