A empresa marinense Nodosa participou esta semana en Agadir (Marrocos) na feira Halieutis 2013, para interesarse polos plans do Goberno marroquí para renovar toda a flota pesqueira do país, tanto a costera como a artesanal.
Halieutis é o certamen sectorial máis relevante do Norte de África e Nodosa acudiu á cita da man da patronal galega do metal, Asime, que este ano conta cun expositor propio na feira.
Igualmente o Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, acudiu ao certamen destacando as relacións institucionais de España e Marrocos en materia de pesca, que "poderían cualificarse, ata, como estratéxicas". O ministro engadiu que "o contacto e colaboración entre ambos países é fluído e fructífero".
Fontes de Asime explican que o naval galego está moi ben situado para participar na renovación da flota pesquera marroquí polo simple feito de que moitos dos barcos máis sofisticados do país foron construídos nos estaleiros da propia Nodosa ou nos vigueses Freire ou Cardama.