O espírito da Esdemga estará de novo na pasarela de novos deseñadores da Madrid Fashion Week

Pontevedra
17 de xaneiro 2020

Sete deseñadores foron seleccionados para participar, o domingo 2 de febreiro, nunha nova edición da pasarela Ego, o evento para novos deseñadores que se celebra no marco da Madrid Fashion Week. E unha delas será una colección nacida nas aulas da Esdemga de Pontevedra

Varias prendas da colección Etymon de Susana Fall
Varias prendas da colección Etymon de Susana Fall / Universidade de Vigo

Sete deseñadores foron seleccionados para participar, o domingo 2 de febreiro, nunha nova edición da pasarela Ego, o evento para novos deseñadores que se celebra no marco da Madrid Fashion Week. E unha delas será una colección nacida nas aulas da Esdemga de Pontevedra.

Trátase do traballo de Susana Fall, que presentará unha colección nacida inicialmente como proxecto de fin de estudos e que baixo o nome de Etymon está inspirada no seu pai e no Senegal. As súas propostas exhibíronse por primeira vez en Debut 2018

Agradezo moito que quixeran contar comigo, é algo xenial", explica a deseñadora, que centra o seu labor profesional nos eidos do estilismo visual, polo que a súa participación nun evento que reúne aos principais representantes do sector da moda, apunta, venme moi ben para seguir crecendo e formándome neste campo".

A súa colección ten como influencia o país de nacemento de seu pai, Senegal, de onde proceden a maioría dos tecidos e complementos empregados para este proxecto.

Trátase, sinala, dunha colección chea de cor, americanas, babuchas, cunchas e xerseis de punto", pero na que tamén ten presenza o grand boubous, un traxe típico senegalés, a serigrafía e balóns de fútbol, xa que este é un deporte "moi valorado e practicado" no Senegal. 

Máis aló da pasarela, un proxecto impulsado por outra egresada de Esdemga, Miriam Cartagena, e un investigador de Belas Artes, Marcos Covelo, estará tamén presente na pasarela madrileña.

Concretamente, no showroom do Ego, un espazo de venda directa onde os novos creadores exhiben as súas creacións.

Alí presentarán Enter collection, a primeira proposta do seu proxecto UTDM Studio, unha colección caracterizada polo uso de tecidos sustentables e por unha serie de estampados que fan as prendas case únicas, nos que presentan reminiscencias dos anos 80 e 90 e dos cambios vividos nesas décadas ata a chegada á era dixital.