O Espazo Concilia oferta 50 prazas esta Semana Santa para as familias de Soutomaior

Soutomaior
01 de marzo 2024

Trátase dun espazo dirixido a nenos e nenas de entre 3 a 16 anos que estará aberto os días 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril.  Terá catro horarios diferentes para que as familias poidan optar ao que máis se adapte ás súas necesidades: de 8:00 a 14:00, de 9:00 a 14:00., de 8:00 a 15:00 ou de 9:00 a 15:00 horas

Cristina García, directora-psicóloga do CIM, e Marga Taboada, técnica de Igualdade
Cristina García, directora-psicóloga do CIM, e Marga Taboada, técnica de Igualdade / Concello de Soutomaior

O Concello de Soutomaior continúa coa súa aposta por favorecer a conciliación entre as vidas laboral e familiar e, de cara a esta Semana Santa, pon en marcha o Espazo Concilia con 50 prazas.

Trátase dun espazo dirixido a nenos e nenas de entre 3 a 16 anos que estará aberto os días 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril.

Terá catro horarios diferentes para que as familias poidan optar ao que máis se adapte ás súas necesidades: de 8:00 a 14:00, de 9:00 a 14:00., de 8:00 a 15:00 ou de 9:00 a 15:00 horas. 

As inscricións estarán abertas a partir do luns 4 de marzo ás 9:00 horas e as familias que o desexen poderán anotarse ata o 14 de marzo ás 14:00 horas.

As persoas interesadas poderán inscribirse en liña na seguinte ligazón: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

A programación presentárona este venres a directora-psicóloga do CIM, Cristina García; e a técnica de Igualdade, Marga Taboada. Inclúe actividades lúdicas, educativas, deportivas, xogos e obradoiros, actividades ao aire libre sempre que o tempo o permita e sempre traballando baixo a perspectiva de xénero dunha maneira dinámica e participativa. 

Todas as actividades serán no Centro de Benestar Integrado (Multiusos).