O Entruido tradicional correu con "roupa vella e a cara tapada" polos distintos recunchos de Soutomaior

Soutomaior
12 de febreiro 2024

O sábado e o domingo a tradición volveu ao concello de Soutomaior no que se puido Correr o Entruido e celebrar a procesión do Galo. Foron dous días de intensa actividade onde a música, o baile e as historia do Entruido de Soutomaior estivo moi presente

Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona
Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona / Concello de Soutomaior

As ganas de disfrutal do Entuido impuxéronse á choiva en Soutomaior. Un Entruido que deu comezo o sábado 10 onde se foi A Correr o Entruido con música e cantos polos distintos bares de Soutomaior, onde a xente foi vestida con "roupa vella e a cara tapada" tal e como se facía antigamente neste municipio. A festa finalizou na Casa do Pobo do Val – Sobral coa actuación da Charanga Trébede, unha xornada onde reinaron o baile e a alegría.

Xa o domingo, o protagonista foi o Galo e a súa procesión, un Galo recreado a través dos testemuños dos veciños. 

Así, a procesión partiu ao mediodía da Veiguiña Longa (Comboa) ata chegar ás 14:30 horas a casa do Pobo da Canteira onde tivo lugar a comida comunitaria "Galo con arroz".

Xa pola tarde a diversión e a alegría chegaron a Tallo Río da man da procesión do Galo e a solta das Quiricas, elas foron as encargadas de animar cos seus bailes e xogos a todos os presentes, houbo xogos de carreira de ovos, de carozos, bailes, cancións tradicionais... ata ás 19:30 horas cando chegou o directo de Uxía Lambona e a Banda Molona, o tempo non acompañou pola tarde pero iso non se notou na carpa de Tallo Río que estivo abarrotada de xente gozando da música desta agrupación. Un concerto de preto de hora e media que encheu de divertsión a carpa de Tallo Río.

ACTIVIDADES DO ENTRUIDO DE SOUTOMAIOR

Os protagonistas deste luns no Entruido de Soutomaior serán os máis pequenos da casa, coa festa infantil que terá lugar nesta tarde, en Tallo Río, de 16:30 a 20:30 horas onde as familias poderán gozar de múltiples actividades, todas gratuítas, con inchables, talleres de globoflexia, de chapas, entre outras propostas.

E o martes 13 de febreiro, será a quenda dunha das actividades máis tradicionais coa Festa do Martes de Entruido, na que participarán As Pandereiteras de Toutón, de San Vicente, da Hermida, de Regodobargo, de Gargamala...e moitos máis grupos que recuperarán o tradicional Entruido coas músicas de raíz. A cita será na carpa de Tallo Río de 20 a 00:00 horas, aproximadamente.

Arquivado en