O Entroido somerxirá a Sanxenxo nos anos 70

Sanxenxo
02 de febreiro 2015

Todo está preparado para que o sábado 7 de febreiro Sanxenxo se adiante ao entroido e volva por un día revivir os anos setenta con aqueles pantalóns con pata de elefante, a tea india, os colos anchos, as minisaias e os pantalóns moi curtos, camisolas destinguidas, cores chillantes, as patillas longas, o pelo afro... Volve a hora do vermú e a febre do sábado noite

Festa dos anos 70 en febreiro de 2014
Festa dos anos 70 en febreiro de 2014 / Asociación Lúdica e Cultural O Cubreiro

Todo está preparado para que o sábado 7 de febreiro Sanxenxo se adiante ao entroido e volva por un día revivir os anos setenta con aqueles pantalóns con pata de elefante, a tea india, os pescozos anchos, as minisaias e os pantalóns moi curtos, camisolas destinguidas, cores chillantes, as patillas longas, o pelo afro... Volve a hora do vermú e a febre do sábado noite.

Un pre-carnaval organizado pola Asociación Lúdica e Cultural O Cubreiro e que pretende facer de Sanxenxo por un día un gran pobo temático. Para iso os diversos e numerosos locais estarán ambientados na devandita época e a asociación preparou actividades para os nenos e para os maiores.

Entre outras actividades está organizada unha exposición de xoguetes dos anos 70 na sala Nauta de Sanxenxo (ao lado da oficina de turismo).

Ás 12:00 na praza dos Barcos haberá animación para os nenos (ou quen queira participar) con xogos dos anos 70. Por un día converteranse en nenos desa época, xogando aos mesmos xogos que gozaban daquela os seus maiores.

Sobre as 19:00 haberá un concerto estilo setenteiro na praza de Pascual Veiga

Os diferentes locais estarán ambientados para dar unha sensación de regreso ao pasado, para sentirse noutra época.

Ademais tanto na praza de Pascual Veiga coma na praza dos Barcos haberá un photocall para, quen o desexe, inmortalice ese día e formar parte da historia de Sanxenxo. No caso da praza dos Barcos o photocall estará composto por 2 coches da época.

En determinados locais haberá algunha que outra sorpresa para os que se atrevan a vir disfrazados dos 70. Dende a asociación O Cubreiro animan a todos a ir disfrazados a calquera hora.

A organización espera conseguir un éxito de participación xa que é unha festa sen límite de idade onde os participantes poden pasar un anaco divertido, uns para rememorar vellos tempos, outros para vivir por un día noutra época.

Arquivado en