Aínda é mes de xaneiro pero aínda que non o pareza o entroido está ao virar a esquina.
De lembralo encargouse este sábado en Pontevedra un pasarrúas das Madamas e Galáns de Cobres, dentro da representación dos entroidos tradicionais que serven de prolegómeno ao Entroido.
As Madamas e Galáns percorreron rúas e prazas da cidade, a poucos días de que Pontevedra volva gozar do entroido urbano máis participativo de Galicia.
O Entroido dará comezo oficialmente o vindeiro venres 5 de febreiro coa chegada do Rei Urco e o pregón a cargo do grupo 'Vamos a todo', dando paso a unha semana de celebracións