O Entroido négase a marchar: Salcedo celebrarao este domingo 15 de marzo

Pontevedra
11 de marzo 2015

Nunca é tarde para celebrar un Entroido. Iso terán pensado os veciños da parroquia pontevedresa de Salcedo que, este domingo 15 de marzo, celebrarán unha nova edición desta festa popular. ÿ o terceiro ano consecutivo que organizan o seu propio entroido, despois de que a Sociedade Deportiva e Cultural de Salcedo decidise recuperar estes tradicionais festexos

Desfile do sábado de Entroido en Pontevedra
Desfile do sábado de Entroido en Pontevedra

Nunca é tarde para celebrar un Entroido. Iso terán pensado os veciños da parroquia pontevedresa de Salcedo que, este domingo 15 de marzo, celebrarán unha nova edición desta festa popular. ÿ o terceiro ano consecutivo que organizan o seu propio entroido, despois de que a Sociedade Deportiva e Cultural de Salcedo decidise recuperar estes tradicionais festexos, moi populares na zona no seu día, en 2013.

Salcedo vivirá unha fin de semana repleto de actividades enmarcadas na programación deste Entroido. Os actos terán lugar nas inmediacións do Pavillón de Cabanas.

O Entroido da parroquia comezará partir das 11.00 horas. Media hora máis tarde se iniciará unha ruta a cabalo dende Cotorredondo ata o pavillón, onde ás doce da mañá se celebrará un partido de fútbol sala.

O pregón da festa, que correrá a cargo de Rafael Quintía, presidente da Sociedade Galega de Antropoloxía, será ás 13.15 horas. Tras el, dará comezo unha sesión vermú que estará amenizada por unha actuación musical e, ás dúas da tarde, será a quenda dunha nova edición da laconada popular.

Nesta degustación gastronómica, por só dez euros por persoa, servirase lacón con grelos, chourizos de Lalín, patacas de Xinzo, auga ou cunca de viño, pan e café. Haberá ademais un 'pulpeiro'.

Pola tarde, ás 17.00 horas, terá lugar o Desfile de Entroido dotado con premios nas categorías de comparsas, grupos e disfraces individuais. E ás 19.30 horas chegará á súa fin a festa co Enterro do Pichinela.

O SÁBADO, CONCERTO

Para quentar motores, a Sociedade Deportiva e Cultural de Salcedo decidiu ademais celebrar un concerto o día anterior, o sábado 14 de marzo a partir das 21.30 horas. Correrá a cargo do grupo Fase REM. Será tamén no Pavillón de Cabanas, onde haberá unha carpa e servizos de cantina a prezos populares.

Arquivado en