Un ano máis, o Casino Mercantil de Pontevedra pon en marcha as actividades para a semana do Entroido xunto cun novo proxecto que se celebrará a partir do 9 de marzo con actividades ambientais infantís.
Entroido
Os días 4 e 5 de marzo o Mercantil organiza o campamento urbano "Entroido Pirata" que leva realizando xa varios anos para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. A inscrición é obrigatoria antes do 1 de marzo cun prezo de 10 euros para socios e de 14 euros para non socios.
O mércores 6 farase unha festa familiar con concurso de disfraces e a animación de Falkatruadas. O acceso é gratuíto para socios e de 5 euros para convidados. As inscricións faranse o mesmo día en consellería.
Para despedir o entroido, o sábado 9 farase unha cea-baile de Ravachol a partir das 22:30 horas onde se poderá gozar da actuación da charanga "Equipo Ja" e dun DJ. As inscricións faranse antes do 7 de marzo na Sede Social.
Mercantil Natural
A partir do 9 de marzo o Mercantil organiza unhas actividades para concienciar aos máis pequenos sobre o medioambiente. Entre elas atópanse actividades sobre compostaxe, reciclaxe, realización de xardíns, hortos e roteiros, entre outras. Realizaranse todos os sábados dos meses de marzo, abril e maio en interior e exterior durante dúas horas pola tarde. As inscricións faranse ata o xoves anterior ás 13 horas nas oficinas da Sede Centro.
Para máis información consulta a páxina web http://www.mercantilpontevedra.es/, envía un correo electrónico a info@mercantilpontevedra.es ou chama aos teléfonos 986 851 670 / 986 842 261