A programación do Entroido 2016 no Concello de Poio sufre cambios por mor das previsións meteorolóxicas.
O acordo foi adoptado nunha xuntanza celebrada este martes na casa do consistorial entre a Concelleira de Festexos e a asociación de vecinos de Lourido, a asociación cultural Ateneo Corredoira e representantes das comparsas "Os Canecos", "Os 100tolos" e "Grupo de Entroido de Samieira".
O programa queda da seguinte maneira:
- Febreiro. Xoves 11: Combarro. ENTERRO DO MEXILLÓN organizado pola A.C. Ateneo de Combarro pasa para o xoves 18 ás 21 horas
- Febreiro. Sábado 13: San Salvador. ENTERRO DO BERBERECHO. Saída da rúa Peirao Besada / Chegada o aparcadoiro de Lourido e posterior chocolatada. Organiza: AVV de Lourido. Pasa para o domingo 28 ás 18 horas
- Febreiro. Domingo 14: Campelo. BAILE INFANTIL DE DISFRACES. Desde ás 17:00 horas en Campelo. Local Social. Organiza: AV. de Campelo
- Marzo. Domingo 21 febreiro. Raxó. BAILE DE DISFRACES. 17:00 h. No Centro Cultural Xaime Illa de Raxó. Organiza: SCD. Raxó
- Marzo. Sábado 27 febreiro. Samieira. ENTERRO DO GALO BRUXO. 20:00 h. Saída de Arén / Chegada campo de fútbol Ría de Bois. O remate, FESTA DA FILLOA Organiza: SCD Samieira
- Marzo. Sábado 05: ENTERRO DO GALO FODORICO. Ás 20:30 horas, Saída do cortexo fúnebre da praza do Mosteiro. Remate e posterior incineración na praza de Arís (San Xoán). Organiza: ACV Ronsel (Sartal) - V FESTA DO CHOQUEIRO, Concurso, Comida típica da época, amenización musical (TRÍO AZABACHE) e outras sorpresas.