O entroido de O Grove, repleto de festas e premios para os seus habitantes

O Salnés
06 de febreiro 2020

O Concello do Grove celebrará o seu Entroido desde o 20 de febreiro ata o 1 de marzo. O programa dará comezo o xoves 20 de febreiro e terminará o domingo 1 de marzo con festas para os máis pequenos es as tradicionais actividades que caracterizan esta festividade

Casa consistorial do Concello do Grove
Casa consistorial do Concello do Grove / PontevedraViva

O Concello do Grove celebrará o seu Entroido desde o 20 de febreiro ata o 1 de marzo. O programa dará comezo o xoves 20 de febreiro co xa tradicional xoves de comadres e compadres en diferentes establecementos da vila. 

O venres 21 de febreiro, a partir das 17:00 horas, terá lugar na Rúa Castelao a Gran Festa Infantil con música, animación e xogos a cargo de Axóuxere Animación. En caso de mal tempo, o evento desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Pola noite, se celebrarán en diferentes establecementos actos como o venres de Jarana e o venres de Caballiteras.

O sábado 22, acollerá o 'Festival de comparsas 2020'. As entradas poderán adquirirse por un prezo de cinco euros o mesmo día no Pavillón Municipal dos Deportes, entre as 10:30 e as 13:30 horas. En caso de non esgotarse as entradas nese horario, poderán adquirise as sobrantes a partir das 16:30 horas.
O Festival transmitirase en directo e colocarase unha pantalla exterior para que a cidadanía poida seguilo en tempo real. Está previsto que once comparsas compitan este ano pola bandeira do Festival, con premios que varían desde 400 ata os 1.100 euros.

O Domingo de Entroido, que terá lugar o 23 de febreiro, aqueles que non puideran asistir ao Festival de comparsas poderán ter a ocasión de escoitalas na ruta das comparsas polos bares do Grove. Pola tarde terá lugar a partir das 17:00 horas o Festival Infantil de Disfraces, amenizado polo DJ Javi Solla e con obradoiros e lambonadas para toda a rapazada. 

O martes 25 de febreiro celebrarase a Gran Marcha do Entroido Meco, con premios que ascenden ata os 7.125 euros. Para facilitar a participación no concurso, pódese facer a inscrición online a través do correo electrónico [email protected]. As follas de inscrición poderán descargarse na páxina Web do Concello, na páxina de Facebook ou solicitalas a través do correo electrónico.  A entrega de premios terá lugar o mesmo día nunha festa con animada polo DJ Studio 21 a partir das 20:30 horas no Pavillón Municipal dos Deportes.

O enterro da sardiña vai ser a cita do mércores 26 de febreiro. Instalaráse a capela ardente na Praza do Corgo para velar á finada, e ás 20.00 horas sairá a comitiva fúnebre ata o lugar de incineración.

Para finalizar, o sábado 29 de febreiro a partir das 16.00 horas, terá lugar a Concentración de Choqueiros, queima do vimbio e actuación de comparsas en San Vicente. Dita festa continuará o domingo 1 de marzo a partir das 12:00 horas na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder.

Arquivado en