O entroido de Meis consegue un éxito rotundo

Umia
27 de febreiro 2017

O entroido de Meis logra este sábado 25 de febreiro ser todo un éxito. Os visitantes puideron gozar dun tempo favorable e dunha posta en escena que novamente demostrou gran orixinalidade e doses de enxeño.

Entroido de Meis 2017
Entroido de Meis 2017

O entroido de Meis conseguiu este sábado 25 de febreiro ser todo un éxito. Os visitantes puideron gozar dun tempo favorable e dunha posta en escena a cargo dos participantes que de novo demostrou grandes doses de orixinalidade e enxeño. 

O alcalde José Luis Pérez lamentou nun comunicado non poder asistir por motivos familiares e agradeceu o sacrificio e esmero de todos aqueles que interviñeron. Sinalou que o entroido de Meis mellora ano tras ano e xa é un referente na comarca, a pesar de que non o ten fácil xa que compite co entroido de Pontevedra ao compartir horarios.

O desfile comezou cun pouco de atraso debido á gran afluencia de participantes e transcorreu ao cabo de 45 minutos no pavillón municipal onde o xurado decidiría tras un nova pase de grupos ao mellor de cada modalidade. Repartíronse os seguintes premios por categoría:

Na categoría individual infantil de 0-3 anos o 1º premio foi para SARDINITA, o 2º para TROGLODITA. Na categoría individual infantil de 4-7 anos o 1º premio logrouno o PAXARO CARPÍNTERO, o 2º premio foi para TOY STORY e 3º premio para SUPER MARIO.

Na categoría infantil individual de 8-11 anos o 1º premio foi para DAMA VAGABUNDO, o 2º premio foi outorgado a TRASGO, e o 3º premio foi para AFRICANA. Na categoría individual infantil de 12-14 anos foi premiado en 1º posto BIMBO, o 2º posto foi concedido a MEXILLÓNS e un 3º premio para HIEDRA.

A continuación na categoría de parellas infantís o 1º premio foi para CAFÉ, o 2º premiado foi CORREOS e o 3º JUAN TENORIO E DONA INES. Na categoría de grupos infantís o 1º premio foi para FELIZ EN TU DÍA, o 2º premio foi para GOLOSOS e o 3º premio foi outorgado a MOUCHIÑOS.

Na categoría de adulto individual alzouse co 1º premio CORUXA, o 2º premio foi para LOBO e o 3º premiado foi SR BUO. Na categoría de parellas de adultos o 1º premiado foi XARDINEIROS, o 2º premiado foi CAPERUCITA E A AVOA, o 3º premiado foi BOTES DE PINTURA. Finalmente na categoría de grupos adultos fíxose co 1º premio DESDE GALICIA PARA O MUNDO, en 2º lugar quedaron ROMANOS e o 3º lugar foi para FURIA NOCTURNA.

Desde o Concello xa empezan a traballar nos próximos entroidos, dado que de seguir incrementándose tanto o número de participantes como de visitantes terase que estudar a forma de levar a cabo o evento.

Arquivado en