As rúas de Marín encheron este domingo 11 de febreiro de colorido e bo humor para vivir o tradicional desfile de disfraces do Entroido.
Os marinenses botáronse á rúa para vivir a cita, regateando á choiva que ameazaba desde hai días á cita carnavalesca.
Os participantes, con numerosos grupos, comparsas e disfraces en parella ou individuais, concentráronse ao redor das 16.00 horas na Praza do Regueiro para partir ao redor dunha hora despois, sen moita dilación para tentar escapar de posibles precipitacións.
Desde alí a caravana multicolor do desfile iniciou un percorrido que lle levou pola Avenida de Ourense, a Praza de España, Rúa Jaime Janer e Concepción Arenal para recluírse ao final no pavillón do IES Illa de Tambo á espera de coñecer aos premiados da xornada.
Superado a fin de semana co desfile e festa infantil do sábado máis o desfile de adultos do domingo, o Entroido de Marín mira xa cara a este luns 12 de febreiro no que se producirá o primeiro velorio da sardiña, que será instalado diante do Concello por parte do Ateneo Santa Cecilia. Ademais ás 12.00 horas A Lameiriña acollerá a Festa do Merengue e ás 17.00 horas seguirá a actividade coa festa infantil de animación Dolcevita. A xornada completarana as Ludoxornadas no Museo Manuel Torres (17.00 a 21.00 horas).
PREMIOS DO DESFILE
- INDIVIDUAIS
- 1º premio (150 €): CEN POR CEN NATURAL
- 2º premio (100 €): PENÉLOPE Y YO
- 3º premio (75 €): LA LLORONA
- PARELLAS
- 1º premio (250 €): GALICIA MOLA
- 2º premio (150 €): DANDO LA LATA
- 3º premio (125 €): CAMPANADAS NA JALIZA PROFUNDA
- GRUPOS
- 1º premio (900 €): BOTA O MAR FÓRA
- 2º premio (800 €): LUCES TOMIÑO "FLOR DE LOTO"
- 3º premio (700 €): COR CAFÉ
- 4º premio (600 €): MOREIRA A TOPE
- 5º premio (500 €): GRUPO CARNAVAL SAMIEIRA
- 6º premio (400 €): A PANDILLA
- 7º premio (300 €): OS REMOLÓNS
- 8º premio (200 €): SEMENTE DE SALCEDO
- 9º premio (150 €): TINTA FEMIA
- 10º premio (100 €): AUTOS CAMARERO
- COMPARSAS
- 1º premio (1300 €): OS SOLFAMIDAS
- 2º premio (1000 €): OS 100TOLOS
- 3º premio (700 €): LAS FLORES DEL CARNAVAL
- 4º premio (600 €): OS MIÚDOS
- 5º premio (500 €): OS CANECOS
- 6º premio (400 €): AS SONECAS
- 7º premio (300 €): OS RETRINCOS
- 8º premio (200 €): OS DO PINSEL